28 mar 2013

ANOVA-IRMANDADE NACIONALISTA DE VILAGARCÍA SOLIDARÍZASE COAS MARISCADORAS DA CONFRARÍA "VIRGEN DEL ROSARIO" DE VILAXOÁN


     Ás que non se lles renovou o seu PERMEX para poderen traballar. O grupo local de Anova Irmandade Nacionalista quere manifestar o seu apoio a estas mariscadoras e por iso acaba de entregar un escrito dirixido ao delegado da Delegación Comarcal de Carril da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, para que desde ese organismo  se tomen medidas co fin de que as cinco mariscadoras poidan recuperar os seus PERMEX para poder traballar, ao igual que puideron recuperalos as mariscadoras da Confraría de  Vilanova, que estaban nunha situación similar ás de Vilaxoán,

     Coa disparada taxa de paro actual, non se pode permitir que outras cinco persoas queden sen traballo . É por iso que instamos á Conselleria a que resolva de xeito favorable a situación laboral destas traballadoras.