30 abr 2013

Empresa da familia de Louzán gaña medio millón da Deputación


Os seus camións están nunha finca de Ribadumia na que cea a miúdo a cúpula do PP, incuído Rajoy. A construtora logra tantas contratas que varias veces a Deputación de Pontevedra admitiu no BOP que non lle podía alugar máis camións porque xa os tiña todos traballando para a propia Deputación. "Todo está legal".

Áridos de Curro S.L. (Aricur) recibiu da Deputación de Pontevedra máis de 502.000 euros nos últimos seis anos. O administrador único da empresa, segundo se pode comprobar no Rexistro Mercantil, é Juan Luís Abal Piñeiro, primo segundo do presidente da Deputación, Rafel Louzán Abal (PP).

Aricur gañou 15 adxudicacións neste tempo, varias delas mediante concursos sen publicidade ou a través da prolongación das contratas. As adxudicacións a Aricur son tan constantes que polo menos dúas veces a Deputación tivo que admitir no seu propio Boletín (BOP) que non lle adxudicaba máis contratos á constructora porque Aricur xa lle alugara todos os seus camións á propia Deputación.

Versión da Deputación

Consultada a Deputación sobre estes feitos, fontes oficiais explicaron que "todo o relacionado con Áridos de Curro está legal". As mesmas fontes admiten que hai unha relación "familiar" entre Louzán e a empresa, relación que cualifican, iso si, de "moi, moi lonxana".

Ademais insisten en que Áridos de Curro xa traballaba para a Deputación antes de que Rafael Louzán fose presidente. Os voceiros oficiais defenden a legalidade dos procedementos nesa administración até o punto de invitar a todos os medios a consultar calquera expediente.

29 abr 2013

Beiras cre que o "rebentón social" se producirá antes do remate da lexislatura


O voceiro de Anova vaticina que o rebentón social non permitirá rematar a lexislatura galega nin a estatal.
Sobre vindeiros procesos electorais, avogou por "unha fronte ampla popular" para derrotar ao PP, "ventrílocuos do gran poder do capital bancario".
En declaracións á Cadena Ser, Xosé Manuel Beiras augurou que haberá un rebentón social nesta lexislatura.
Preguntado sobre as peticións de desculpas ou da súa dimisión por parte do PP, Beiras sinalou que "quen deben dimitir son eles". "Por cousas moito máis pequenas se dimite en Europa e aquí, o que teñen que hacer é aclarar absolutamente as cousas, pois este señor (Feijóo) está desprezando absolutamente á cidadanía".

En canto a vindeiros comicios, Beiras sinalou que cómpre replantexar a fórmula exitosa de AGE de xeito aberto para que se poida "ampliar o espectro". "Mentras dure a lexislatura, aí estaremos" - sinalou -, e "se o facemos ben" como se está a facer, alimentará a configuración dunha "fronte ampla popular" que permitirá derrotar ao PP "aínda que reduza os deputados a 61".
Sobre isto, Beiras acusou ao PP de fabricar unha "cortina de fume" coa proposta de reducción de escanos na Cámara galega para esquivar a crise política aberta polas fotos de Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado.


27 abr 2013

As empresas de Marcial Dorado recibiron 157.000 euros dos gobernos de Fraga


Ás cinco e media da tarde dun venres, en plena treboada posterior ao anuncio dos novos recortes aprobados no Consello de Ministros e dúas horas antes do Comité Nacional do PSdeG. Este foi o escenario elixido polo Goberno galego para remitirlles aos medios de comunicación unha relación de contratos e axudas formalizados coas empresas do narcotraficante Marcial Dorado "nos últimos vinte anos" ou, o que é o mesmo, a resposta á pregunta formulada no Parlamento por AGE, a mesma que, segundo Alberto Núñez Feijóo, "non merecía" a coalición que encabezan Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz. Nun comunicado de cinco páxinas no que o Executivo centra os seus esforzos en insistir en que "a maior axuda pública" que recibiron estas empresas foi do bipartito é posible concluír que os gobernos de Manuel Fraga lles achegaron máis de 157.000 euros.

26 abr 2013

O paro esta xa fora de todo control.




Onte publicáronse as cifras de Paro en España.  Os datos son demoledores .

6.202.000 parados no estado español.

287.400 parados en Galicia.

Por provincias galegas, temos que os malos datos os encabeza precisamente a provincia de Pontevedra, que con 109.700 parados, chega a unha taxa do 24,87% de parados sobre a poboación activa. Séguelle en porcentaxe de paro, Ourense, cun 23,99% de paro e 32.300 persoas en paro, Logo Lugo, cunha taxa 20,84% e 31.600 parados e finalmente A Coruña, que ten unha taxa de paro do 20,38%, poñéndose nos 113.800  parados.

Pero hai máis datos negativos.  En Galicia 93.000 fogares teñen a todos os seus membros en paro, 12,5% máis que fai un ano.

Estas cifras e as declaracións do ministro De Guindos deste mediodía onde deixou claro que o Partido Popular desiste de que se vaia a crear emprego o longo desta lexislatura, deixan claro que tanto as políticas económicas do PP como a súa reforma laboral non solo non conseguiron ningún tipo de mellora na situación das persoas que viven neste país, en especial das que sofren o drama de non encontrar traballo, se non que esta  situación non vai mellorar como mínimo en tres anos.

Chama a atención en Galicia que as cifras de paro mais alto sexan as da provincia de Pontevedra e de Ourense, núcleos duro do poder do Partido Popular, de tal xeito que cada dia queda máis claro, para a desgraza da cidadanía deste país, que o Partido Popular, alí por onde pasa, arruínao todo, menos os petos dos seus dirixentes.

25 abr 2013

O Sergas privatiza a atención a través da limitación das listas de espera



As vías que escolle o Partido Popular para reducir o público son diversas. O anteproxecto de lei de garantías sanitarias contén unha das máis disimuladas: a través da limitación das listas de espera nos hospitais públicos a sesenta días, aumentará o desvío de pacientes a centros privados. Así o denunciou no pleno do Parlamento de Galicia a deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Eva Solla: “Cos seus recortes, vostedes saben que será imposíbel cumprir cos sesenta días e así os pacientes serán desviados á privada. Por certo, con listas de espera aínda maiores. Vostedes xogan coa saúde para beneficiar a catro empresarios”.

Solla esixiu, ademais, que o Sergas publique trimestralmente as denominadas listas de espera non estruturais. “Esta estatística foi creada pola consellaría en 2005 para manipular os datos da sanidade pública”, asegurou, “porque nese departamento son especialistas en ocultar información”. A parlamentaria de AGE solicitou de Sanidade as listas de espera non estruturais e recibiu por resposta un escrito de dúas liñas cunha ligazón que a remitía ás listas estruturais. “Os datos son nesgados e vostedes saben que hai xente que que agarda durante anos”, apuntou Eva Solla, quen lembrou como Alberto Núñez Feijóo, en 2007, alcumaba esas listas de espera non estruturais de “burato negro”. “O PP practica o oportunismo político, di unha cousa na oposición e outra no goberno”, rematou a deputada de Alternativa, “e póñense do lado escuro do capital e non coa xente”.

24 abr 2013

Xosé Manuel Beiras acusa ao PP de ter “unha visión totalitaria do poder”

Xosé Manuel Beiras acusa ao PP de ter “unha visión totalitaria do poder” e de darlle a volta á democracia ao se negar a responder á oposición. “Nós solicitamos a dimisión do señor Núñez”, expón o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda, “e veñen eles e queren controlar a oposición no canto de explicar o que se lles pregunta”
Xosé Manuel Beiras, portavoz de Alternativa Galega de Esquerda, acusa ao PP de ter “unha visión totalitaria do poder”. “Somos nós, a oposición, os que estamos solicitando explicacións do presidente da Xunta, somo nós os que solicitamos a súa dimisión pola súa falta de ética e asúa querenza pola mentira”, explica, “e veñen eles, a dereita, darlle a volta á democracia e a esixir a dimisión da oposición”. Non só iso, o señor Núñez volveu ofrecer un recital de silencios estrondosos sobre o que se lle preguntaba, detalles da súa amizade co contrabandista e narcotraficante Marcial Dorado.
Aínda se fixo, co seu grupo, a vítima cando Beiras se achegou ao seu escano para lle esixir “decencia”.

22 abr 2013

Alternativa Galega de Esquerda propón converter a comisión de investigación das caixas nun grande xuízo á banca



Alternativa Galega de Esquerda presentou esta mañá a súa proposta de plan de traballo para a Comisión de investigación do acontecido nas caixas de aforros galegas no que se plantexa abrir o foco político para converter esta comisión nun grande xuízo a banca no que se depuren todo tipo de responsabilidades desde a falla de control por parte da administración pública ata as conductas irresponsables e delictivas por parte dos xestores destas entidades.
A vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda, Yolanda Díaz, destacou a necesidade de abrir unha investigación profunda que permita polo miúdo o acontecido coas caixas xa que entre outras cuestións “provocou que sexa á cidadanía a que estea a pagar a acción criminal duns cantos que lograron afundir por completo as caixas deixando un burato de maís de 9 millóns de euros que agora ten que pagar o pobo sen ter responsabilidade algunha nesta desfeita”. Yolanda Díaz destacou tamén a necesidade de coñecer o motivo polo que non se tramitou ningunha das múltiplse denuncias presentadas polo sindicato de CCOO na que xa se poñían de manifesto conductas delictivas e conductas irresponsables.
Así mesmo, Alternativa Galega de Esquerda solicita a comparecencia no só dos máximos responsabeis das caixas senon tamén dos distintos responsábeis da Consellería de Economía e Facenda, de todas sen excepción, para que informen das distintas accións de control realizadas polo seu departamento xa que nas distintas normativas establécese a obrigación da administración pública de levar a cabo este control e de non se ter feito terán tamén que dar explicacións.

20 abr 2013

O GRUPO LOCAL ANOVA DE MEAÑO DENUNCIA O INCUMPRIMENTO DA REANUDACION DAS OBRAS DA ROTONDA EN A CHANCA



     Desde Anova-Meaño queremos denunciar que as obras da rotonda da Chanca (Dena) están paradas despois de que a alcaldesa anunciara no pasado pleno que se retomarían esta semana. A semana está a prácticamente rematada e as obras seguen paradas.
     Desde Anova-Meaño parécenos unha falta de seriedade a pasividade do concello neste asunto, onde as obras están a implicar un aumento da perigosidade dun tramo urbano de alta densidade de tráfico, aparte dunha deficiente sinalización e iluminación.
     Desde Anova-Meaño esiximos que se retomen as obras canto antes e que se a empresa adxudicataria Sercoysa, non o pode rematar as obras  por estar en concurso de acredores, e despois de que se paralicen cada tres por catro ,que o concello xestione coa Xunta, para que outra empresa  remate unha obra que esta causando moitas molestias os veciños durante xa case un ano,  que non pase como nas obras do nó do Pino en Pontevedra, que a empresa Oca non rematou e que agora a nova empresa adxudicataria Sacyr nin sequera teñen unha data concreta para retomar estas obras

ANOVA – IN de Cambados denuncia a falta de mantemento das infraestruturas públicas nas parroquias de Cambados.



ANOVA pregúntanse onde foron a parar os case 300.000 € que recibiu o concello para a mellora dos parques infantís nas parroquias do concello.

Dende o Grupo local de ANOVA – Irmandade Nacionalista no Concello de Cambados queremos mostrar publicamente a nosa indignación pola situación na que se atopa o pequeno parque infantil ó carón do Lavadoiro do Campo da Vila, na parroquia de Oubiña, e que mostra unha situación de total abandono, invadido de maleza, e cos poucos xogos para nenos que dispón cheos de ferruxe e descoloridos polo paso do tempo de xeito que presentan un risco para a seguridade dos rapaces ó tempo que son insalubres.
 Ningún partido se decatou ou non apreciou isto como relevante e por exemplo a parlamentaria Monserrat Prado ou o Delegado Territorial de Pontevedra da Xunta de Galicia, Xosé Manuel Cores Tourís, ámbolos dous orixinarios desta parroquia non se mobilizaron un ápice para a resolución deste problema.

19 abr 2013

Alfonso Rueda négase a comparecer para explicar a violencia policial contra as traballadoras de Cuca


Ninguén na Xunta de Alberto Núñez Feijóo quere dar explicacións pola violencia policial empregada contra as traballadoras de Conservas Cuca, en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) a pasada semana. O grupo parlamentario do PP impediu que o vicepresidente Alfonso Rueda, responsábel das escasas competencias autonómicas en Interior e Xustiza, compareza no Parlamento para falar de como os antidisturbios serviron de forza de choque a un empresario particular e atacaron ás empregadas que loitaban polo seu posto de traballo. “Isto foi unha violación dos dereitos constuticonais elementais das traballadoras de Cuca”, denuncia o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, “e non pode ser que as denominadas forzas de orde pública se poñan a disposición dos cacos que están a saquear a empresa”.
O PP escúdase en que Rueda non ten mando na policía, pero iso non debe impedir que informe sobre o sucedido na Cámara que representa a todas as galegas e os galegos. En calquera caso, AGE solicitou formalmente á presidencia do Parlamento a comparecencia do subdelegado do Goberno en Pontevedra e máis do delegado do Goberno en Galicia. Eles deberán, daquela, relatar porque os denominados axentes antidisturbios empregaron a forza para permitir ao empresario Garabilla desmantelar a factoría de Cuca, en Vilaxoán, e porque do abuso e maltrato policial ás traballadoras.

A podremia da corrupción segue a aflorar no Concello de Santiago



Alternativa Galega de Esquerda, que solicitou da Xunta a disolución do concello e a convocatoria de eleccións, esixe, ademais, que a Xunta fiscalice, de xeito real e a fondo (para iso presenta a pregunta do documento anexo), as contas e as políticas de contratación da cámara municipal compostelá ao longo desta lexislatura. E reclama do Partido Popular e do seu presidente Alberto Núñez Feijóo que abandone as escusas e o facer como se o asunto non fose con el e explique como é posíbel o nivel de podremia institucional en que se atopa o goberno local da capital de Galicia desde que a dereita entrou nel.

18 abr 2013

O batallon dos 1.100 Beiras


Anova celebra o domingo a primeira sesión da súa asemblea tras ser creado como un partido sen sedes nin liberados e  con solo un ordenador.


Para ver a nova preme aqui

17 abr 2013

Anova Alternativa Ribadumia informa dun vertido ó río Umia.



Enrique Oubiña informou do mesmo tanto  a garda civil como a augas de Galicia para que se comprobe a procedencia e tomen as medidas oportunas.



No día de onte o concelleiro Enrique Oubiña puxo en coñecemento das autoridades a localización dun vertido que dende un regato chegaba o rio Umia a altura de Barrantes, moi cerca das naves da antigüa fabrica de  “Conservas Olimpico”, e desembocando no Umía uns metros adiante da ponte que une Barrantes e Vilariño, na zona de humidal protexida pola que se pretende facer o paseo fluvial que unirá Barrantes coa ponte de Castrelo -Cambados. 

Inda que neste caso, logo de acudir coa técnica de Augas de Galicia o lugar concreto e comprobar que en principio o vertido procede dunha tubaria de fecais, polo que parece ser  un vertido fortuíto procedente da rede de saneamento por rotura ou atasco,  non deixa de ser  un mais dos moitos vertidos e problemas que afectan ao Rio Umia.

Para ANOVA Alternativa Ribadumia non é de recibo esa doble mensaxe que practica o PP, en verbas do propio Concelleiro Enrique Oubiña non podemos entender como por un lado se fala de rexeneración total do río logo da crise de Brenntang e se presentan proxectos para facer paseos e rutas fluviais; e mentres tanto seguen persistindo e permitíndose moitos dos problemas que impiden un adecuando saneamento do seu cauce, dende verquidos incontrolados, industrias nas súas marxes sen os adecuados sistemas de depuración ou a contaminación da auga do embalse e tamén embalse abaixo por Microcystis”.
ANOVA Ribadumia solicitará explicacións no pleno de Ribadumia e pedirá que se reclame do Goberno da Xunta de Galicia que dunha vez por todas tome medidas para correxir esta situación.  

16 abr 2013

A policía realiza “un escrache franquista” ás traballadoras de Conservas Cuca



Os encargados de facer cumprir en Galicia os mandados da troika levan sempre boa protección. E así, as denominadas forzas antidisturbios serven para protexer o empresario e o explotador e atacar as traballadoras e traballadores. Iso foi o que pasou a pasada semana en Vilaxoán, cando un despregamento policial de formas autoritarias e absolutamente desproporcionado ocupou a vila aurousá co único obxectivo de que os propietarios de Conservas Cuca baleirase, contra a vontade das operarias, a maquinaria da factoría. “Iso si que foi un escrache, pero un escrache franquista”, denuncia o deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Juan Fajardo, “que nos retrotrae á época da ditadura”.

A policía que amparou as prácticas liquidacionistas do empresario valeuse de todo tipo de tácticas. Inhibidores de frecuencia para que as catro mulleres que defendían, á unha da mañá, as portas da fábrica non puidesen avisar os veciños, rúas cortadas polos axentes policiais e mesmo prohibición aos habitantes de Vilaxoán de saír das súas casas. “Con nocturnidade e contra operarias, esta policía é máis propia dun estado totalitario que dunha presunta democracia”, critica Fajardo, “converteron o lugar nun auténtico estado de sitio, o que para AGE resulta intolerábel”.

Alternativa, xunto ao BNG, solicitou a comparecencia urxente no Parlamento do vicepresidente da Xunta e encargado das políticas de Interior Alfonso Rueda, para que dea explicacións sobre os sucesos. Ademais, o parlamentario Juan Fajardo preguntará en pleno se o Goberno galego “considera digno auxiliar con maneiras antidemocráticas e un auténtico estado de excepción a quen pretende rematar cun cento de empregos en Cuca mediante extorsión empresarial”. Ademais, AGE pedirá unha entrevista co delegado do Goberno, Samuel Juárez, e mais co fiscal superior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), para presentar formalmente unha denuncia

13 abr 2013

Anova Alternativa Ribadumia denuncia o mal estado das instalacións do ximnasio municipal.



Enrique Oubiña esíxelle a Salomé Peña que en lugar de empregar as instalacións municipais como oficinas de recadación, empregue os ingresos polo seu uso no seu mantemento e mellora.


Esta maña (12/04/2013) o concelleiro Enrique Oubiña presentou un escrito no concello denunciando a situación do ximnasio municipal, onde dende fai meses se están dando  por un lado casos de humidades que están afectando as paredes internas das instalacións e cuxa repararación urxe para evitar danos maiores, pero  sobre todo de maquinas que se avarían e

NÚÑEZ FEIJOO e MARCIAL DORADO


ou…fai o que digo e non o que fago.

1993

Xa non era tan neno. Cantos anos tiña? Polas suas declaración parece que menos de cinco. Quen pode crer que no 1993 non soubese a que se adicaba Marcial Dorado?
Quen despois dunha ocasional coincidencia non se procura asesorar ao respecto?
Quen continúa durante anos indo de viaxe a Tenerife, Ibiza, Portugal e…Picos de Europa. Ou sería Andorra?

INDIGNACIÓN de ANOVA – IN de Cambados polas explicacións de Feijoo sobre a súa relación con Marcial Dorado e o silencio cómplice do PP local.


Dende o Grupo local de ANOVA – Irmandade Nacionalista no Concello de Cambados queremos mostrar publicamente a nosa indignación polas continúas escusas e mentiras, que estes últimos días están a utilizar os dirixentes do PP para tentar explicar e xustificar o inexplicable e inxustificable; a relación de “ocio” que se demostrou ter entre o actual presidente da Xunta, Núñez Feijoo e Marcial Dorado, nos anos nos que Núñez Feijoo ocupaba un alto cargo na Xunta de Galicia, para máis INRI en Sanidade.
A terca realidade deixou en evidencia ao PP e a Núñez Feijoo, xa que ao final houbo máis anos de relación dos que inicialmente se recoñeceron, máis encontros dos que se falaron, moitos máis viaxes das que se dixeran, houbo contratos dos que non se lembra, pero polo contrario, non se esquecía de que había neve... Demasiada relación e demasiadas viaxes como para argumentar que só o coñecía “indirectamente”….   
A situación agrávase se temos en conta o contexto daqueles anos, cos Centros de Atención a Drogodependencias comezando a recibir unha marea de afectados, co VIH-SIDA en plena expansión, e coas nais e pais manifestándose nas rúas para denunciar os efectos que estaba a causar o narcotráfico. Nese contexto un alto cargo de sanidade non pode dicir que “tiña descoñecemento”….   
      
As súas intervencións sobre este tema no parlamento galego, principal institución de Galicia revelaron a baixa catadura moral e a falta total de ética que ten, demostrando como lle dixo X. M. Beiras, “que serían capaces de calquer cousa con tal de manterse no poder”.  

11 abr 2013

RETRIBUCIÓNS E INDEMNIZACIÓNS DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN DO CONCELLO DE CAMBADOS


No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra  saen publicadas as retribucións dos membros da corporación municipal de Cambados, que son as seguintes:




 A) Dedicación exclusiva

O Alcalde: 46.179,14 € brutos anuais a repartir en 14 mensualidades.

Feijóo debe facer públicos os contratos con empresas de Marcial Dorado e logo dimitir


As mentiras de Alberto Núñez Feijóo, emitidas onte no Parlamento de Galicia, revelaron unha indecente e preocupante catadura moral. A de alguén, en palabras da viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Yolanda Díaz, “capaz de calquera cousa con tal de se manter no poder”. “Non é posíbel que non soubese quen era e a que se dedicaba Marcial Dorado naquel tempo”, expuxo Díaz, “como onte demostrou na Cámara a oposición”. Cando Feijóo navegaba e ía de vacacións por media Península Ibérica con Dorado, este xa fora procesado por contrabando de tabaco –o delito prescribiu antes de que se ditase sentencia- e aparecía nas páxinas dos principais xornais como un dos presuntos capos da droga –por cuxo tráfico cumpre agora condena. “Foi unha burla á cidadanía deste país”, resumiu.
Cada día que pasa desde que as fotos de Feijóo e Dorado saíron á luz pública, máis elementos desa amizade van agromando. Houbo máis anos de relación dos que dixo o señor Núñez ao comezo, houbo máis viaxes das que dixo, e houbo contratos coa trama societaria de Marcial Dorado. Alternativa Galega de Esquerda esixe ao presidente da Xunta que abandone o seu ton matonil e as ameazas, veladas ou non, aos grupos da oposición parlamentaria e saque dos caixóns os contratos da Xunta coas empresas do seu amigo e narco da Illa de Arousa. E faga, dunha vez por todas, por relatar a verdade e as implicacións reais de todas esas vacacións, noitevellas incluídas, que Feijóo e Dorado pasaron xuntos. A partir de aí, segundo AGE, a única saída que lle queda a Alberto Núñez Feijóo é poñer o seu cargo a disposición do Parlamento. Só o seu limitado entendemento da democracia, revelador da tradición política en que se insire, lle permite continuar no cargo logo de se descubrir as súas, como mínimo, perigosas amizades.

10 abr 2013

Beiras acusa a Feijóo de “facer calquera cousa con tal de se manter no poder, como os seus antecesores no 36”



A inmoralidade preside o labor político de Alberto Núñez Feijóo. A súa cobiza política ilimitada quedou outra vez de manifesto na súa infame comparecencia desta mañá no Parlamento de Galicia. Se a intención da oposición consistía en que o señor Núñez explicase as súas relación co contrabandista e log narcotraficante Marcial Dorado, ao que asistiu foi a un exercicio inmenso de cinismo, medias verdades, embustes, terxiverxacións, traizóns e insultos á máis elemental ética.“Vostede non entende a relación entre ética e política”, espetoulle un indignado Xosé Manuel Beiras, portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ao presidente da Xunta, “e faría, no seu narcisismo, calquera cousa con tal de se manter no poder, como fixeron os seus antecesores no 36”.



Beiras comezou a súa intervención cunha homenaxe ao economista e escritor José Luis Sampedro, morto hai uns días, “un deses seres humanos que fan a un sentirse orgullos de ser humano, o contrario do que acontece con vostede, señor Núñez”. Despois acusou ao presidente de realizar un recital de desvergoña e desprezo aos cidadáns do común coas súas incríbeis explicacións. “Eu son vello e vinlle a

O voceiro de AGE emocionase na tribuna e chora por "noxo e de carraxe"




O voceiro de Alternaternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, asegura sentir noxo e indgnación ante o "recital de desvergoñas" do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, na súa intervención na comparecencia no Parlamento de Galicia para dar explicacións pola súa relación de amizade co narcotráficante Marcial Dorado. O voceiro de AGE emocionase na tribuna e chora por "noxo e de carraxe". Beiras lamenta ter que volver a ver "a faciana do fascismo unha vez máis nesta cámara" coa intervención de Alberto Núñez Feijoo.

Beiras di que son noxentas as explicacións do Señor Nuñez sobre as súas relacións e as do Partido Popular co contrabando e o narcotráfico.

9 abr 2013

A Lei de Universidades é un “vulgar plaxio” da norma andaluza aprobada en 2011


Trinta e seis artigos, 111 epígrafes e a estrutura do proxecto de Lei de Universidades que o conselleiro de Educación levou onte ao Parlamento de Galicia son “un vulgar plaxio” da norma andaluza aprobada en 2011 cos votos do Partido Popular. “Os únicos obxectivos que ten”, denunciou

Finou José Luis Sampedro, militante contra o neoliberalismo


Anova-Irmandade Nacionalista lamenta o falecemento do economista e escritor José Luis Sampedro. A súa calidade humana, a lucidez para a comprensión do ciclo histórico no que vivimos e a súa radicalidade democrática son inspiración para milleiros de persoas que reclamamos "outro mundo posible".
Que a Terra che sexa leve.


4 abr 2013

O Grupo Local de ANOVA – I.N. en Cambados critica que Cores Touris non se preocupe polos desempregados en vez de criticar a oposición.



Con respecto ao tema das supostas comisións ANOVA pregúntase porque en Cambados sempre se adxudican as obras as mesmas empresas.

No mesmo día no que se facían públicos os datos de desemprego na nosa comarca e tamén en Cambados cun total de 1.878 veciños nesta situación, cadrou que tiñamos de visita por aquí ao Superdelegado
territorial da Xunta de Galicia, o noso veciño, o señor Cores Touris.
A pesares de pertencer ó partido político que actualmente goberna en tódalas institucións e do seu posto de responsabilidade no organigrama da Xunta de Galicia, nas súas declaracións esquéceuse por completo dos problemas reais que afectan ós nosos veciños e amosou as claras cal é a