4 abr 2013

O Grupo Local de ANOVA – I.N. en Cambados critica que Cores Touris non se preocupe polos desempregados en vez de criticar a oposición.



Con respecto ao tema das supostas comisións ANOVA pregúntase porque en Cambados sempre se adxudican as obras as mesmas empresas.

No mesmo día no que se facían públicos os datos de desemprego na nosa comarca e tamén en Cambados cun total de 1.878 veciños nesta situación, cadrou que tiñamos de visita por aquí ao Superdelegado
territorial da Xunta de Galicia, o noso veciño, o señor Cores Touris.
A pesares de pertencer ó partido político que actualmente goberna en tódalas institucións e do seu posto de responsabilidade no organigrama da Xunta de Galicia, nas súas declaracións esquéceuse por completo dos problemas reais que afectan ós nosos veciños e amosou as claras cal é a
sua principal preocupación neste momento.



Nin unha palabra de apoio para os afectados polo fraude das preferentes e subordinadas. Ningunha mostra de apoio para os
rañeiros e mariscadoras que están a pasar un moi mal momento. Tampouco ningunha proposta para loitar o paro. Sen embargo, enorme
preocupación polo que están a facer os partidos da oposición en Cambados, quenes van ser oscabezas de lista, quen manda, … e ata se atreve a pronosticar oresultado das próximas eleccións municipais, vaticinando a irrupción de Alternativa Galega de Esquerda na politica municipal, inda que falten anos para a sua celebración.

Dende Anova Cambados, parécenos indignante que os máximos dirixentes políticos desta vila, estén máis preocupados pola súa situación persoal, tentando centrar a atención mediática en meras suposicións, en lugar de adicarse a arranxa-los problemas reais do noso pobo. Esto non fai máis que demostrar a incapacidade do PP para xestionar a situación actual.


Dende ANOVA – Cambados queremos convidar públicamente ao Luis Aragunde e a Cores Touris  a que participen na próxima asamblea local de Anova Cambados, que son abertas ós cidadáns e alí se tratan os problemas reais que nos achegan moitos veciños, e se propoñen alternativas.  Deste xeito na súa próxima rolda de prensa, poderán concentraranse en dar solucións ós problemas dos seus veciños.

TEMA DAS SUPOSTAS COMISIÓNS.

Dende ANOVA – Cambados, non queremos entrar a valorar suposicións ou acusacións que non están demostradas, non é o noso estilo de facer política.

O que si nos preguntamos e porque en Cambados a maioría das obras do Concello se adxudican por“procedemento negociado sen publicidade”, Por que sempre se convidan as mesmas empresas a estes procedementos?, e non se convidan a todas as empresas de Construcción de Cambados para que se o desexan poidan presentar ofertas?.
Este tipo de procedemento de adxudicación poderá ser moi legal, pero tamén se presta a determinados tipos de picarescas que fai que sempre terminen sendo adxudicatarias das obras as mesmas empresas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario