20 may 2013

A dura realidade dos recortes no gasto en Productos Alimenticios no Concello de Cambados


Os recortes que esta a levar disimuladamente o Concello de Cambados na Liquidación de Gastos dos Orzamentos en Acción Social por parte do goberno do Partido Popular, levanos a ver imaxes coma estas todolos días nas ruas de Cambados. 

Dende Anova Cambados estamos en contra dos recortes en acción social por parte do Concello de Cambados, pero o que realmente nos chama a atención, é a forma que se utiliza para maquillar estes recortes por parte da administración local, xa que nestes últimos anos non se cheguou a consumir a totalidade do orzamento en Productos Alimenticios da partida municipal de acción social que se destina a este gasto en Cambados, cando nos atopamos nunha situación de crise económica como a que estamos a vivir. 

Polo que dende Anova Cambados nos sentimos na obriga de denunciar a situación na que nos atopamos, xa que nos últimos tres anos dos que son públicas as Liquidacións de Gastos dos Orzamentos Municipais, 2009, 2010 e 2011, a partida presupuestaria dentro de Acción Social, destinada para atender as necesidades básicas de alimentos a moitas familias deste concello, non foi esgotada en ningún destes anos, destinando estés fondos a cubrir excesos doutras partidas presupuestarias na que o gasto foi maior o orzamentado inicialmente, e que para o goberno do PP son mais importantes.



A pesares de dispoñer de fondos, según os orzamentos, e de que o servicio municipal de asuntos socias atopanse desbordados, con mais dun millar de demandantes, e na actual situación de crise económica que estamos a vivir, o Concello de Cambados realizou un gasto real en Productos Alimenticios (partida orzamentaria 231.22105) de 2.095,00 € en 2011, 6.788,84 € en 2010, e de 5.772,82 € en 2009, cando a dotación orzamentaria prevista para cada exercicio era de 10.000,00 €, realizando un gasto menor nestes tres anos o que se anunciou inicialmente nos Orzamentos do Concello de Cambados.

Estas cifras son mais duras si as comparamos coa Liquidación de Gasto do Xantar da Terceira Idade, que se realiza todolos anos, a conta dos impostos de todolos veciños e buscando claramente réditos electorais coa participación de políticos do PP que non pertencen a corporación municipal, realizando un gasto real a Actividades da Terceira Idade (partida orzamentaria 231.22610) de 23.653,00 € no 2.011, 16.013,97 € no 2.010, e de 29.246,98 € no 2.009
Este tipo de políticas deben mudar canto antes, non podemos antepoñer os intereses dos partidos políticos, as necesidades reais do mundo que nos toca vivir, por moi duro que sexa, non se deben continuar as anteriores prácticas e costumes políticas que nos levaron a actual situación na que nos atopamos, e dende Anova Cambados, esiximos responsabilidade e decencia aos actuales gobernantes e que deixen de utilizar os fondos públicos en réditos electorais, e que sexan invertidos onde realmente son precisos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario