22 may 2013

Anova advirte da perigosidade dalgunhas estradas do concello de Sanxenxo


Dende ANOVA queremos mostrar a falta de iniciativa por parte do concello a menos de 15 días para a chegada de Xuño e a inminente temporada de verán, esa na que o propio concello promove datos de multiplicar por cinco a poboación deste pobo e mesmo chegar a datos de 100000 habitantes, pois este e o estado durante máis dun mes dunha valla que separa a estrada do desnivel que da acceso a esta praia do concello, polo que circulan adultos, anciáns, nenos e mesmo ciclistas que corren o risco de caer neste desnivel e producir un mal maior que podería ser arranxado cunha rápida actuación por parte do concello. 

O mesmo perigo corren todas aquelas persoas que circulen por esta outra vía situada no lugar do Carballal en Bordóns, esta segunda xa foi protestada por outras agrupacións estando no goberno o mesmo partido político e o estado e o mesmo ou peor.

Pero o perigo non só esta nas beirarúas, se circulamos polo mesmo centro de Sanxenxo, na rúa progreso podemos atopar buratos no que un ciclista ou motorista podería producirlle máis dun desgusto, e aínda que este vial sexa propiedade da deputación, pedimos un pouco de axilidade por parte do goberno local en facer que a organización pertinente leve a cabo os traballos necesarios para reducir todos estes perigos e acondicionar este concello ante a chegada de miles de turistas, porque non solo quedan aquí as deficientes condición das estradas do concello, que é de vergoña que o centro de Sanxenxo teño unha rúa nese estado, senón que podemos nomear lugares de gran tránsito como o situado entre as rotondas que dan acceso a praia da lanzada, entre a vía rápida de Noalla e a rotonda que da acceso cara Vilalonga, ou outro lugar como a saída dende a vía rápida de Noalla cara Adina.

Dito a época na que nos atopamos, os perigos que ofrecen as rúas do concello e a súa falta de acondicionamento para un lugar turístico como é este, pedímoslle o concello dende ANOVA por parte de todos os usuarios, residentes, hostaleiros e turistas desta zona que arranxen as deficiencias ditas e outras que se atopan o longo do concello o máis rápido posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario