28 may 2013

Anova Sanxenxo oponse a nova ampliación do porto


Dende ANOVA Sanxenxo pedimos o goberno local que se opoña a nova ampliación do porto de Sanxenxo, posto que calquera modificación da presente infraestrutura causará un dano irreversible nos areais, tanto na praia da Panadeira como na dos Barcos,esta ultima xa en estado lamentable. Dubidamos moita de que haxa un estudo de impacto ambiental, xa que se o houbera seria totalmente negativo. So hai que acercarse hasta esta praias e observar como se están colocando os pilotes a pé de praia, reducindo considerablemente o espazo para o baño desta fermosa praia urbana, e cando se coloquen os pantaláns, e os barcos empecen a manobrar onde van acabar os restos de combustible, pois na praia. Por certo en principio se nos di que son pantaláns para vela e iso significa que unha empresa privada como e o Club Náutico pode facer o que lle veña en gana, prexudicando ao pobo de Sanxenxo, pois vai ser que non. Mentres todo isto pasa o Concello como non podía ser doutro xeito( tratándose dun goberno Popular)mira para outro lado, e que alguén cree que a señora alcaldesa vai enfrontarse a Portos de Galicia e o Club Náutico en defensa dos seus veciños, pois si alguén o cree esta moi equivocado. Ademais dende ANOVA a pesar de ser unha agrupación de recente creación, as persoas que nos atopamos nela non esquecemos o que ocorreu fai anos coa construción do actual porto, o cal tivo consecuencias desastrosas para unha das praias máis emblemáticas do concello como é a praia de Silgar. Para ANOVA Sanxenxo valoramos todas e calquera das nosas praias o mesmo nivel, tanto como se se chama Silgar ou Panadeira, posto que un bo día en Sanxenxo pode facer que todas as praias do concello se completen, por iso valoramos cada centímetro de areal como un aliciente turístico e un emblema con todas as bandeiras azuis, que o concello debería seguir levando. Pois con todo isto propoñemos que non se leve a cabo esta obra e que sigan tendo a mesma posta en valor os areais, e que un aumento no número de amarres non é necesariamente un aumento no número de turistas se con isto esnaquizamos os lugares onde os propios turistas poden tomar o sol e relaxarse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario