26 may 2013

O grupo de Anova Alternativa Ribadumia non concorda coa idea do PP de subirlle o prezo os viños na festa do tinto deste ano.


Logo do anuncio do PP de Ribadumia de subir o prezo do viño nos stands da festa este ano, dende Anova Alternativa Ribadumia queremos mostrar o noso desacordo con esta medida, que vai en total detrimento da festa e que dende logo non vai contribuír nada o aumento das vendas nin da afluencia.

Para Enrique oubiña é evidente que Salome Peña  e os seus compinches do PP non deben de ter  o mais mínimo problema para chegar a fin de mes, por iso seguen a negar a dura situación que vive o país e que o seu partido non esta axudando a mellorar, e non teñen reparos en tomar medidas que son claramente un erro.

O tinto barrantes, é un viño totalmente coñecido para os veciños da nosa comarca, tanto polas súas características propias e únicas, como polos seus prezos no mercado. É  totalmente absurdo poñer a  botella de tinto, que ademais non pode ser etiquetado como tal,  a un prezo que non solo se sae dos prezos de mercado, se non que se sitúa por riba de  moitos albariños , ribeiros ou mencias que si están amparados pola denominación de orixe. Ademais, de facerse así, este non sería o primeiro ano que o viño ten uns prezos altos, e os resultados no seu momento , e os que estivemos na festa compartindo unhas tazas con produtores e público sabémolo ben, foron negativos.

Dende o grupo local de Anova temos moi claro que  a festa do tinto do Salnés ten unha gran importancia para o noso concello, pero tamén temos moi claro que o PP, que cada ano acumula máis queixas por como organiza este evento dandolle cada edición que pasa  mais as costas a posta en valor do viño en favor doutras actividades paralelas e do autobombo,  está tirando co traballo de moitos anos de moita persoas  e moitos produtores que se esforzan por manter a esencia da festa ano tras ano dende dentro da organización, pero tamén dende fora, e resulta totalmente abraiante que os membros do PP, que solo organizan a festa do tinto para facerse publicidade , pero que logo solo pasan polos stands no momento de facerse as fotos e non volven dar sinais de vida no resto de días, impoñan uns prezos que van redundar directamente na baixada de venda de botellas.

Para Enrique Oubiña este despropósito deixa claro cales son os únicos  intereses dos membros do Partido Popular de Ribadumia: a propaganda do seu parido. “Pero nos, que defendemos unha maneira de facer as cousas moito menos elitista e egocéntrica,  seguiremos  indo os stands da festa, compartindo unhas tazas con coñecidos e con descoñecidos, e defendendo,a nosa humilde maneira, unha festa que moitos levamos no sangue”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario