15 may 2013

O grupo de Anova Ribadumia presenta una moción para que se habilite un local de ensaio en Ribadumia.




Os Pablos, un dos grupos referentes da
nosa comarca.
 
  Dende o  noso grupo somos conscientes de que no noso Concello hai unha importante canteira  musical, froito por un lado das inquietudes dos mozos e mozas de Ribadumia, pero tamén do traballo que se está a facer tanto por parte da escola de música municipal como das dúas bandas de música existentes na actualidade, sen esquecer os grupos de musica tradicional nin que hai locais hostaleiros que programando concertos de forma habitual, axudan e animan a que nazan novos grupos  no noso concello.


 Lamentablemente moitos dos grupos e rapaces novos que queren comezar neste mundo tan
difícil como é o musical,  teñen o problema da falta de recursos e de espazos onde poder realizar os seus ensaios ou gravar as súas maquetas, tendo que recorrer para estas cuestións ben a colaboración da familia, co conseguinte desembolso económico, e tamén nalgunha ocasión provocando molestias aos veciños, froito dos ensaios en pisos ou garaxes, ou ben teñan que  marchar a outros lugares onde teñan habilitados locais de ensaio equipados e perfectamente insonorizados.

Nos últimos anos, grupos como Tokedekeda ou os recentes  Noite fechada estan
a impulsar un importante movemento musical que nace en Ribadumia.
   Dende Anova Alternativa Ribadumia defendemos a necesidade de que o Concello dea un paso adiante na promoción da cultura e vaia máis aló da simple entrega de axudas económicas as entidades culturais e habilite espazos en condicións e co equipamento preciso para que os xovenes do Concello poidan xuntarse, e os que lles gusta a música poidan ensaiar sen molestar aos veciños.

 
Neste anaco de terra o lado do concello que hoxe é unha praza cun cruceiro
 de cinco toneladas estaba a vella casa do medico,que o PP se comprometera
 a transformar nunha Casa da Xuventude pouco antes de derribala
Por iso  vimos de presentar estes días unha moción no concello para que se debata no próximo pleno, onde propoñemos acondicionen nalgún dos edificios públicos do Concello uns locais de ensaio, se equipen con todo o necesario tanto a nivel de insonorización, como de equipamento musical e de gravación, e se poñan a disposición dos grupos do Concello cun regulamento de uso dos mesmos. 

 En verbas do concelleiro Enrique Oubiña, E impensable que un concello  como o noso cunha importante tradición musical, e que ten dúas bandas de música e unha escola musical, non dispoña dun local de ensaio para que os nosos xovenes poidan desfrutar e sacar adiante a súa paixón pola música. Como ademais consideramos que non é un tema menor, presentamos a moción con tempo abondo para que o equipo de Salomé Peña poidan tomarse tempo de considerar esta proposta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario