6 may 2013

O Grupo Local de ANOVA – IN en Cambados rexeita a instalación da Carpa Gastronómica, no lateral do paseo da calzada durante a LXI FESTA DO ALBARIÑO 2.013


Entende que esta medida perxudica a Hostelería local, xa bastante afectada pola crise e a suba de impostos.


Carpa do Albariño Público Xeral

Dende o Grupo Local de ANOVA – Irmandade Nacionalista de Cambados queremos manifestar públicamente que non estamos de acordo coa aprobación pola Xunta de Goberno do Concello deCambados, en sesión do 11 de marzo de 2013, do concurso para a adxudicación daexplotación da Carpa Gastronómica, nolateral do paseo da calzada durante a LXI FESTA DO ALBARIÑO 2.013.

De todos e sabido a mala situación na que se atopa a hostalería no concello de Cambados, e o continua sangría de peche de negocios, que non son capaces de aguantar a diminución dos ingresos que están a sufrir.  So fai falla dar un pequeno paseo polas rúas do centro de cambados, e observar a cantidade de establecementos de hostalería que se atopan pechados, e como cada dia vai aumentando pouco a pouco esta lista, co aumento de desemprego que implica.

A carga impositiva a que o Concello somete a este tipo de establecementos, levou as distintas asociacións da comarca do Salnes a facer unha serie actos reivindicativos para que diminuán as cotas tributarias que están a soportar, que na súa maioría están abertos todo o ano e pagan os seus tributos. Sen embargo, lonxe de tomar algunha medida en defensa deste sector, atopámonos con medidas coma esta, que fan que aumente a competencia dos mesmos na época do ano onde maior demanda ten este sector.
Carpa do Alabariño Amizades do PP

O concello antepón o ingreso de 20.000 €, a conta da adxudicación desta carpa gastronómica, en troques dos intereses dos hostaleiros do noso concello. Competencia, que dende o Grupo Local de Anova-IN de Cambados, consideramos ademais desleal, por que aos adxudicatarios da explotación da Carpa, non se lle esixen as medidas Hixiénico-Sanitarias que si se lle esixen o resto de hostaleiros.
Tamén nos chama a atención que se saque a concurso a adxudicación desta carpa gastronómica, e que se anuncie no prego durante a celebración da Festa do Albariño, pero resulta que se permite a instalación da mesma unha semana antes do comezo da festa, e se permita que se manteña, unha semana despois de que a festa rematara.  Ademais de que si se saque a concurso con tanta antelación a adxudicación desta carpa, pero en troques, non se fai publica a adxudicación do Catering tan polémico xantar do albariño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario