5 jun 2013

O Grupo Local de Anova I.N. en Vilanova de Arousa denuncia que o equipo de goberno oculta información sobre a situación actual pola que pasa a Area Comercial de Deiro


Advirten da mala situación financiera na que se atopa a promotora, de que os terreos están hipotecados e de que Gonzalo Durán enganou a cidadania coa iniciativa de entregar curriculums.

 O Grupo Local de ANOVA – Irmandade Nacionalista en Vilanova de Arousa quere denunciar públicamente a situación na que se atopa a promoción da Área comercial de Deiro, derivada do mal estado financieiro polo que pasa a empresa promotora; así como a actitude de ocultar información e enganar aos cidadáns que o alcalde e equipo de goberno mantiveron e manteñen ao respecto deste tema.

ANOVA Irmandade Nacionalista tivo coñecemento desta situación na que se atopa Desarrollos Vilanova SL, que a levarían a presentar pre-concurso de acreedores, propondo aprazamentos nos pagos a acreedores de ata 5-6 anos, cando aínda ten sen terminar de pagar parte dos terreos adquiridos en Deiro para o desenvolmento da area comercial, terreos que ademáis estarían gravados por unha hipoteca dunha importante suma que supera o millón de euros, mentras a propetaria dos terreos non atopou nestes anos, a pesares de ser a sua principal prioridade, un socio inversor, promotor, ou comprador para os terreos, sendo inevitable a presentación do pre-concurso de acreedores.



De toda esta situación ten coñecemento o Concello de Vilanova, así como os propietarios dos terreos.  Non se debe esquecer de que propio Concello forma parte da Xunta de Compensación que desenvolve os terreos do Plan Parcial da Area Comercial, a maiores de ter asinado un convenio coa propia promotora no que se establecian as condicións de urbanización, así como a creación dunha entidade conxunta para o mantemento dos terreos,  condicións que a día de hoxe están incumplidas.

Por todo esto, dende o Grupo Local de ANOVA Irmandade Nacionalista en Vilanova queremos achegar as seguintes consideracións aos veciños de Vilanova e a cidadanía en xeral:

1º O PP de Vilanova de Arousa debe deixar de ocultar información sobre este tema, e aclarar cal é a situación real na que se atopa a Área Comercial de Deiro, os problemas que ten a empresa promotora, e que vai a significar esto para os propietarios dos terreos que non terminaron de cobrar.

Queda claro que Gonzalo Durán perpetrou un engano masivo con aquela iniciativa de entregar curriculúms, en febreiro de 2011, cando non existe ningún compromiso cerrado con ningunha firma por instalarse nesa Área.   O Partido Popular abusou da necesidade das persoas por atopar traballo e da boa vontade, buscando réditos eleitoriais nunha actuación bochornosa e de desvergoña política, mentras no Concello de Vilanova atopamonos a dia de hoxe con 1.356 veciños en desemprego.    

3º De confirmarse esta situación económica da promotora, o Concello de Vilanova de Arousa estaría nunha gravísima situación económica, practicamente ao borde da intervención.  Hai que lembrar que “facendo o conto da leiteira” solicitouse un prestamo de máis de un millón de euros para adquirir o Pazo de Vista Real, a conta dos ingresos que o Concello ía percibir pola venta dos terreos que lle corresponderian do aproveitamento urbanístico nesa Área Comercial, co compromiso da promotora de adquirilos, comprimiso que a vista das circunstancias non se vai a poder materializar.

Tampouco debemos esquecer que ese préstamo foi solicitado co informe en contra da Intervención económica do Concello, e que a venta deses terreos forman parte do Plan de Saneamento do Concello que parece tampouco vai a cumplirse, a pesar de ser un dos Concellos de Galicia con maior porcentaxe de endebedamento.


Por todos estos motivos, fanse máis que necesarias as explicacións públicas do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, para aclarar a situación na que se atopa a Área Comercial, que sabe o Concello sobre a estado económico da promotora da mesma, que pasou e onde están todos os Curriculums entregados no Concello no seu día; e que vai a supor esta situación tanto para os propietarios afectados como para a situación financieira do propio Concello.

O Grupo Local de ANOVA Irmandade Nacionalista en Vilanova de Arousa presentará un escrito no Concello solicitando respostas a todas estas cuestións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario