ANOVA
quere facer publica a forma de xestionar os fondos públicos polo goberno do PP
de Cambados que esta moi lonxe da austeridade.

Esta
e a forma de aplicar a Austeridade por parte do Goberno do Partido Popular?
Como pode asumir mediante un contrato unha obriga sen existir ningún tipo de contraprestación?
Por que temos que asumir unha débeda tódolos veciños de Cambados dun terceiro sen percibir nada a cambio?
Por que asina un contrato asumindo esta débeda o noso Alcalde en representación de tódolos veciños de Cambados, se non existe contraprestación algunha?
Estaría disposto a facerse cargo el persoalmente co seu patrimonio persoal da débeda xa que os veciños non vamos a percibir nada por esta obriga?

Dende Anova Cambados consideramos que esta forma de actuar por parte do goberno do PP en Cambados esta moi lonxe da Austeridade que tanto presumen e que según estes documentos queda claro que non se aplica, polo que nos vemos na obriga ante esta forma de actuar de facer públicos no noso Blog, nos enlaces o final da entrada, o contido integro da Conta Xeral dos Orzamentos do Exercicio 2012, que vai ser tramitada para a súa aprobación no próximo pleno do vindeiro Xoves 29 de Agosto, e que tódolos veciños teñen dereito a consultalas, e poderán ver tódolos informes da Interventora Municipal polas distintas irregularidades que se están a cometer por parte do Goberno do PP de Cambados, e que ocupan mais de 200 paxinas.
Para
o Grupo Local de ANOVA Irmandade Nacionalista de Cambados non se pode seguir
ignorando estas irregularidades, entendemos que xa está ben desta
situación. Estamos nun momento en que os
cidadáns están cansos de ver todos os días situacións de corrupción na
política, de tratos de favor e como se manteñen determinados privilexios, polo
que entendemos que o PP non pode seguir a actuar así en Cambados. Non nos poden esixir esforzos a
cidadanía aumentando ano tras ano a carga impositiva, a pesares da situación
que estamos a sufrir e con moitos veciños do Concello de Cambados en situación
de Desemprego e sen apenas recursos, mentres eles utilizan eses fondos para
asumir obrigas de pago na que os veciños non temos ningún tipo de
contraprestación nin percibimos nada a cambio, simplemente por que os nosos
dirixentes queren asumir unha débeda dun terceiro. Non se pode esixir
un esforzo a cidadanía nestes momentos por parte do Goberno de Cambados do PP mentres
están actuando desta maneira cos fondos públicos, polo que consideramos que
esta forma de actuar os esta a desacreditar en futuras subidas de impostos,
como farán dentro duns meses coa subida teórica do IPC.
Preme na Imaxe para acceder os Reparos de Intervención e a Conta Xeral do Concello de Cambados do Exercicio 2012.
Preme na Imaxe para acceder os Reparos de Intervención e a Conta Xeral do Concello de Cambados do Exercicio 2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario