19 sept 2013

ANOVA RIBADUMIA DENUNCIA QUE AS CONTAS DO 2012 EVIDENCIAN O DESCONTROL ORZAMENTARIO DO CONCELLO DE RIBADUMIA


Os gastos correntes disparanse e por primeira vez en anos o resultado contable é negativo en 160.000 €, con máis obrigas recoñecidas que dereitos pendentes de cobro.

No pleno celebrado o 5 de setembro o PP de Ribadumia aprobou en solitario as contas do Concello
O novo e innecesario campo de fútbol supuxo
 un desembolso de 420.000€
do ano 2012.  Na exposición previa fíxose evidente o interes do Equipo de goberno en ocultar no posible a situación real que amosa o documento sobre o estado económico – financieiro do Concello de Ribadumia, evitando debater e contestar as cuestións plantexadas polo Concelleiro Enrique Oubiña.

Dado que dende o noso punto de vista, as conclusións que amosa o documento son preocupantes,  optamos por facelas públicas, coa esperanza de que o PP de Ribadumia reflexione sobre a xestión que esta a facer dos nosos recursos,  e cara onde está a levar o Concello:

·  Resultado contable negativo (perdas): Por primeira vez en varios anos, as obrigas
recoñecidas (no 2012) superan aos dereitos pendentes de cobro en 160.000 euros. Gastouse máis do que se ingresou.
Ademais hai que ter en conta que entre os dereitos pendentes de cobro figuran máis de 790.000 € procedentes de convenios do Polígono Industrial do ano 2001 de dificil cobro, polo que as perdas serían incluso superiores.  
·  Descontrol do gasto corrente: O Concelleiro Enrique Oubiña leva tempo demandando un plan de aforro do gasto corrente que permita destinar fondos a outras cuestións máis prioritarias (servizos sociais ou fomento do emprego), pero o PP negouse en redondo.  O resultado foi que no 2012 o Concello gastou máis de 1.240.000€ en gastos correntes, o que significa máis do 40% de todo o gasto do Concello e máis de 160.000 euros por riba do orzamentado.
·  Non se prioriza o gasto importante: Polo contrario,  non se gasta no que se tiña que gastar: as partidas de subvencións baixan en 40.000 euros e a de investimento real quedase raquítica. Así, por exemplo, as partidas para axudas a entidades do Concello, ongs, clubes deportivos e familas baixaron de ter un gasto de 102.443 euros no 2011 a soamente 58.212,53 no 2012 (practicamente a metade…).
·  Afogamento do concello e aumento da presión sobre os veciños: Noutro orden de cousas as contas reflexan como as medidas dos gobernos do estado e da Xunta do PP seguen na liña de reducir o financiamento dos Concellos, obrigándoos a aumentar a presión fiscal sobre os cidadáns: Así podese ver como baixan as transferencias de outras administracións en case 300.000 euros, e como se equilibran os ingresos, subindo a recadación pola Urbana e as Taxas que se lle cobran aos cidadáns..



 Por último, dende Anova tamén se pediron explicacións sobre esos dereitos pendentes de cobro referenciados do ano 2001 que figuran nas contas: concretamente dereitos pendentes por venta de terreos por valor de 452.000 euros ou un “convenio urbanístico” con Núñez Reboredo que tería pendente de ingreso 338.000 euros.
Mentres o PP estraga cartos en facturas sen ningún
control e obras innecesarias, non se preocupa
de solucionar os problemas reais do concello, un deles
referente as parcelas  do poligono de cabanaleas,
 que  esta así infrautilizado, cando podia ser unha importante
 fonte de postos de traballo.
Quixemos saber que hai deste último tema, se estas débedas son reais ou so serven para equilibrar os orzamentos. Pero o PP en palabras de Enrique Oubiña “adicouse a falar do tempo , a mentir e a xogar o despiste. Unha mala costume que ultimamente colleu a nosa alcaldesa, que limita as roldas de palabra e réplica para evitar ter que contestar as miñas preguntas”.


Logo destas conclusións e de ver a actitude do Partido Popular, resulta moito máis que evidente que cando o PP de Ribadumia fala dunha boa xestión, axustada o orzamento, estase refirindo a que estragan ben cos cartos que son de todos sen ningún control nin mais obxectivo que atender os seus caprichos. 

Algo moi lonxano o que nos defendemos dende Anova, que precisamente é  achegar a xestión á cidadania, poñendo as necesidades e as urxencias dos veciños por riba dos intereses e afans de notoriedade  particulares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario