
Esta proposta xa se realizou no pasado pleno
como un complemento a unha moción presentada por outro grupo. Lamentablemente, levado polo interes en politizar
por completo esta cuestión, o concelleiro que presentou a moción non aceptou
nin esta proposta nin outra, tamen moi importante, que supoñía instar a
Xunta a axilizar os tramites de adecuación da súa situación aos emigrantes
retornados que sofren unha incapacidade permanente, único ámbito este
onde a Xunta realmente pode facer algo practico, mais aló de declaracións de
intencións, e mais aló do aprobado esta semana no parlamento, que tampouco
supón ningunha solución inmediata..
A razón da nosa insistencia
neste tema é que o que se esta vendo estes días, é que hai un numero cada vez mais
crecente de persoas afectadas, e unha enorme desinformación. Existen moitos casos diferentes, e de
acordo coa información técnica da que se dispón, hai circunstancias e moitas situacións que poderían ter unha solución
administrativa mais rápida e menos dramática. Por iso entendemos que o
Concello debe implicarse e tentar axudar a resolver ou facilitar os trámites
aos afectados.
Dende Anova temos moi claro que as declaracións
de intencións e os apoios institucionais son moi necesarios, pero en moitos casos
insuficientes, sobre todo cando a burocracia retrasa a aplicación de solucións a
persoas que viven situacións dramáticas. Por iso damos este paso adiante propoñendo
medidas practicas que sirvan de axuda a esas persoas afectadas por unha inxustiza
administrativa, que os leva a ser considerados estafadores, e a sufrir importantes
sancións económicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario