22 abr 2013

Alternativa Galega de Esquerda propón converter a comisión de investigación das caixas nun grande xuízo á banca



Alternativa Galega de Esquerda presentou esta mañá a súa proposta de plan de traballo para a Comisión de investigación do acontecido nas caixas de aforros galegas no que se plantexa abrir o foco político para converter esta comisión nun grande xuízo a banca no que se depuren todo tipo de responsabilidades desde a falla de control por parte da administración pública ata as conductas irresponsables e delictivas por parte dos xestores destas entidades.
A vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda, Yolanda Díaz, destacou a necesidade de abrir unha investigación profunda que permita polo miúdo o acontecido coas caixas xa que entre outras cuestións “provocou que sexa á cidadanía a que estea a pagar a acción criminal duns cantos que lograron afundir por completo as caixas deixando un burato de maís de 9 millóns de euros que agora ten que pagar o pobo sen ter responsabilidade algunha nesta desfeita”. Yolanda Díaz destacou tamén a necesidade de coñecer o motivo polo que non se tramitou ningunha das múltiplse denuncias presentadas polo sindicato de CCOO na que xa se poñían de manifesto conductas delictivas e conductas irresponsables.
Así mesmo, Alternativa Galega de Esquerda solicita a comparecencia no só dos máximos responsabeis das caixas senon tamén dos distintos responsábeis da Consellería de Economía e Facenda, de todas sen excepción, para que informen das distintas accións de control realizadas polo seu departamento xa que nas distintas normativas establécese a obrigación da administración pública de levar a cabo este control e de non se ter feito terán tamén que dar explicacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario