17 abr 2013

Anova Alternativa Ribadumia informa dun vertido ó río Umia.



Enrique Oubiña informou do mesmo tanto  a garda civil como a augas de Galicia para que se comprobe a procedencia e tomen as medidas oportunas.



No día de onte o concelleiro Enrique Oubiña puxo en coñecemento das autoridades a localización dun vertido que dende un regato chegaba o rio Umia a altura de Barrantes, moi cerca das naves da antigüa fabrica de  “Conservas Olimpico”, e desembocando no Umía uns metros adiante da ponte que une Barrantes e Vilariño, na zona de humidal protexida pola que se pretende facer o paseo fluvial que unirá Barrantes coa ponte de Castrelo -Cambados. 

Inda que neste caso, logo de acudir coa técnica de Augas de Galicia o lugar concreto e comprobar que en principio o vertido procede dunha tubaria de fecais, polo que parece ser  un vertido fortuíto procedente da rede de saneamento por rotura ou atasco,  non deixa de ser  un mais dos moitos vertidos e problemas que afectan ao Rio Umia.

Para ANOVA Alternativa Ribadumia non é de recibo esa doble mensaxe que practica o PP, en verbas do propio Concelleiro Enrique Oubiña non podemos entender como por un lado se fala de rexeneración total do río logo da crise de Brenntang e se presentan proxectos para facer paseos e rutas fluviais; e mentres tanto seguen persistindo e permitíndose moitos dos problemas que impiden un adecuando saneamento do seu cauce, dende verquidos incontrolados, industrias nas súas marxes sen os adecuados sistemas de depuración ou a contaminación da auga do embalse e tamén embalse abaixo por Microcystis”.
ANOVA Ribadumia solicitará explicacións no pleno de Ribadumia e pedirá que se reclame do Goberno da Xunta de Galicia que dunha vez por todas tome medidas para correxir esta situación.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario