
A policía que amparou as prácticas liquidacionistas do empresario valeuse de
todo tipo de tácticas. Inhibidores de frecuencia para que as catro mulleres que
defendían, á unha da mañá, as portas da fábrica non puidesen avisar os veciños,
rúas cortadas polos axentes policiais e mesmo prohibición aos habitantes de
Vilaxoán de saír das súas casas. “Con nocturnidade e contra operarias, esta
policía é máis propia dun estado totalitario que dunha presunta democracia”,
critica Fajardo, “converteron o lugar nun auténtico estado de sitio, o que para
AGE resulta intolerábel”.
Alternativa, xunto ao BNG, solicitou a comparecencia urxente no Parlamento
do vicepresidente da Xunta e encargado das políticas de Interior Alfonso Rueda,
para que dea explicacións sobre os sucesos. Ademais, o parlamentario Juan
Fajardo preguntará en pleno se o Goberno galego “considera digno auxiliar con
maneiras antidemocráticas e un auténtico estado de excepción a quen pretende
rematar cun cento de empregos en Cuca mediante extorsión empresarial”. Ademais,
AGE pedirá unha entrevista co delegado do Goberno, Samuel Juárez, e mais co
fiscal superior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), para presentar
formalmente unha denuncia
No hay comentarios:
Publicar un comentario