
Cada día que pasa desde que as fotos de Feijóo e Dorado
saíron á luz pública, máis elementos desa amizade van agromando. Houbo máis
anos de relación dos que dixo o señor Núñez ao comezo, houbo máis viaxes das
que dixo, e houbo contratos coa trama societaria de Marcial Dorado. Alternativa
Galega de Esquerda esixe ao presidente da Xunta que abandone o seu ton matonil
e as ameazas, veladas ou non, aos grupos da oposición parlamentaria e saque dos
caixóns os contratos da Xunta coas empresas do seu amigo e narco da Illa de
Arousa. E faga, dunha vez por todas, por relatar a verdade e as implicacións
reais de todas esas vacacións, noitevellas incluídas, que Feijóo e Dorado
pasaron xuntos. A partir de aí, segundo AGE, a única saída que lle queda a
Alberto Núñez Feijóo é poñer o seu cargo a disposición do Parlamento. Só o seu
limitado entendemento da democracia, revelador da tradición política en que se
insire, lle permite continuar no cargo logo de se descubrir as súas, como
mínimo, perigosas amizades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario