26 abr 2013

O paro esta xa fora de todo control.




Onte publicáronse as cifras de Paro en España.  Os datos son demoledores .

6.202.000 parados no estado español.

287.400 parados en Galicia.

Por provincias galegas, temos que os malos datos os encabeza precisamente a provincia de Pontevedra, que con 109.700 parados, chega a unha taxa do 24,87% de parados sobre a poboación activa. Séguelle en porcentaxe de paro, Ourense, cun 23,99% de paro e 32.300 persoas en paro, Logo Lugo, cunha taxa 20,84% e 31.600 parados e finalmente A Coruña, que ten unha taxa de paro do 20,38%, poñéndose nos 113.800  parados.

Pero hai máis datos negativos.  En Galicia 93.000 fogares teñen a todos os seus membros en paro, 12,5% máis que fai un ano.

Estas cifras e as declaracións do ministro De Guindos deste mediodía onde deixou claro que o Partido Popular desiste de que se vaia a crear emprego o longo desta lexislatura, deixan claro que tanto as políticas económicas do PP como a súa reforma laboral non solo non conseguiron ningún tipo de mellora na situación das persoas que viven neste país, en especial das que sofren o drama de non encontrar traballo, se non que esta  situación non vai mellorar como mínimo en tres anos.

Chama a atención en Galicia que as cifras de paro mais alto sexan as da provincia de Pontevedra e de Ourense, núcleos duro do poder do Partido Popular, de tal xeito que cada dia queda máis claro, para a desgraza da cidadanía deste país, que o Partido Popular, alí por onde pasa, arruínao todo, menos os petos dos seus dirixentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario