13 may 2013

Dende o Grupo Local de ANOVA – I.N. en Cambados mostramos o noso asombro e malestar polo estado no que se atopan as instalación deportivas municipais do Pombal durante o transcurso do Campionato de España de Clubs de Baloncesto da categoría Xuvenil.

Dende Anova Cambados queremos facernos eco das queixas do publico e participantes do Campionato de España de Clubs de Baloncesto de categoría xuvenil que se está a celebrar en Cambados dende o dia 12 de maio e no que participan equipos de toda España.

Segundo nos informaron varios dos participantes o Concello non limpou as instalacións dende o inicio do torneo como se pode e comprobar polas fotos anexas, demostrase unha total falta de limpeza das mesmas, con restos de comida polo chan e as gradas,  coas papeleiras desbordadas e cos aseos e vestiarios nunhas condiciona hixiénico -sanitarias vergonzosas.
 
En ANOVA. Preguntámonos, se é esa a imaxe que o PP e Luís Aragunde queren dar de Cambados? Tan difícil era organizar a limpeza das instalacións durante a celebración do torneo? E esta a colaboración que presta o Equipo de goberno aos Clubs que levan o nome de Cambados e organizan actividades para traer a nosa vila xente de fora? Para nos que estanos diante dun novo exemplo do pasotismo e falta de atención que demostra o equipo de goberno.

A este tipo de Campionatos acoden equipos de distintas partes do Estado, e ademais dos membros do club, asisten tamén familiares, sen esquecer os propios  medios de comunicación desas rexións así coma da Federación Española de Baloncesto, polo que nestes días vese unha gran afluencia de publico en xeral nas instalacións do Pombal. Dende o grupo local de Anova entendemos que este aumento da afluencia de publico, debe levar consigo un reforzo nas tarefas de limpeza e mantemento do recinto. En troques, atopámonos cunha total falta de previsión por parte do Concello de Cambados, pois non se tomou ningún tipo de medida de reforzo na limpeza das instalacións por parte do equipo de goberno do partido Popular.
 
Dende Anova Cambados consideramos que este tipo de eventos deportivos, ademais da promoción do deporte, son beneficiosos para mellorar a imaxe da vila no resto do  estado, ademais de desestacionalizar a demanda turística, ó atraer a visitantes á nosa vila fora das épocas estivais, axudando así mellorar a difícil situación da hostalería nestas épocas de crise. Pero tamén consideramos que coa falta de previsión por parte dos dirixentes populares, a imaxe que estamos a dar ante os visitantes que se achegan as instalacións deportivas municipais do Pombal durante o transcurso deste Campionato, para nada benefician a imaxe da vila, e por culpa desta penosa maneira de actuar, estamos a dar unha moi mala imaxe do noso concello.
 
Nestes tipo de actos creemos que é onde si se deberían utilizar as horas extraordinarias dos empregados municipais, para poder mellorar a limpeza das instalacións, no canto de utilizalas por riba do exceso que establece a lexislación laboral, en favorecer economicamente a membros da corporación municipal, ademais de que o seu custo e moito menor xa que os traballadores da limpeza do concello non perciben os salarios dos asesores da corporación municipal, e non dariamos esta pésima imaxe a tódolos visitantes que se acheguen o Pombal durante o transcurso deste  campionato, ou de outros que puidera haber
 
Por este motivo maña presentaremos un escrito no concello pedindo as pertinentes explicacións, ademais de esixirlle o equipo do señor Aragunde que actúe con máis seriedade e competencia neste tipo de eventos.
 





 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario