14 may 2013

O Concello de Cambados segue a moda de restrinxir o acceso os veciños nos plenos coa escusa de limitar o aforo por seguridade no salón onde se celebran.


Anova Solicita que si se preve aforo se trasladen os plenos municipais o Auditorio da Xuventude.


Dende o Grupo Local de Anova – Irmandade Nacionalista no concello de Cambados, sorpréndenos a medida oportunista que acaba de tomar o goberno municipal do Partido Popular, ao limitar o aforo no salón de plenos do Concello de Cambados a un máximo de 50 persoas, nun novo intento de limitar o dereito dos veciños a poder acceder a democracia, e a escoitar a viva voz as decisión que alí se toman.

Este tipo de medidas, a par de oportunistas coma antidemocráticas, de limitación dos dereitos dos veciños por parte do grupo de goberno do Partido Popular no Concello de Cambados, son una clara continuación a outras medidas que xa se tomaron tempo atrás, como a polémica denegación por parte do Alcalde, Luis Aragunde, a gravación dos plenos por medios audiovisuais, alegando a existencia de varias sentencias que así o ratifican, pero cando a realidade e totalmente distinta, existindo numerosas xurisprudencia na que si se permite a gravación dos plenos o tratarse de actos públicos, e que deberían chegar o maior numero de veciños, quedando claro que os nosos dirixentes non lles interesa, e impón coa súa maioría o maior numero de trabas legais posibles para que os veciños non estean informados das decisións que o goberno municipal do Partido Popular levan adiante utilizando o rodillo da maioría absoluta.


Para Anova Cambados, creemos que este tipo de medidas son antidemocráticas, e con elas pretendese limitar os dereitos constitucionais dos veciños de Cambados de poder acudir os plenos, e se utilizan escusas como a seguridade no desaloxo, ou as limitacións de espacio da sala de plenos, para evitar que se fagan posibles protestas por parte dos veciños que non estean conformes coas medidas do goberno municipal do Partido Popular. Se non queren escoitar os veciños, que non se presenten voluntariamente aos cargos que ocupan, e se non lles gustan as medidas que toman polas criticas que poidan ter no pleno, que non as tomen, e que decidan algún tipo de alternativa, e non se escuden sempre nas decisións do partido.

Este tipo de medidas esta claro que son totalmente oportunistas, e que se toman para evitar altercados nos plenos polas protestas das distintas plataformas existentes en contra da política do Partido Popular, como e o caso da Plataforma de afectados polas Participacións Preferentes, pero que no concello de Cambados a dia de hoxe, so foi un afectado a protestar no pleno e apenas alzou a voz timidamente no transcurso do mesmo.


Se este tipo de medidas se toman por seguridade dos cidadáns, xa se tiñan que tomar fai tempo, e non utilizalo agora, de escusa para evitar posibles protestas dos veciños, e se foran precisas estas limitacións de aforo, pola afluencia de publico, seria mellor que o pleno se celebre noutros locais municipais con maior espazo e mellores medidas técnicas e de seguridade, como por exemplo o auditorio da Xuventude, a escasos 200 metros do concello.




No hay comentarios:

Publicar un comentario