14 jun 2013

Anova Meaño denuncia que o uso que o partido popular vai dar a 300.000€ do superhabit do concello resulta pouco adecuado.

O goberno de Lourdes Ucha, ven de aprobar no último pleno, gastar 300.000 euros de superávit en pistas forestais e varias obras de saneamento, e ademais co apoio tácito de toda a oposición, que nos últimos meses esta a mostrar unha total desidia a hora de controlar a labor de goberno do PP.

 Dende o grupo local de Anova cremos que este este gasto non se adecúa as necesidades urxentes do noso concello por varios motivos:
 - en primeiro lugar hai uns orzamentos municipais, que se elaboran cada ano, e que deberían dar adecuada saída a este tipo de proxectos.
 - en segundo lugar, o superávit, que sae do peto de todos os veciños, non é unha caixa chea de cartos sen
peche nin fondo o que se lle poida meter a man a esgalla, e debe polo tanto ser tratado con total seriedade e moito tino, evitando despilfarros ou usos que cunha boa xestión, algo que evidentemente falta no concello de Meaño especialmente dende que non está Jorge Domínguez, se poden financiar doutro xeito.

 Nos non dubidamos da necesidade das obras as que se van dedicar estes fondos, pero pensamos que a realización desas obras debería saír dunha planificación orzamentaria mellor feita, e que no caso de utilizar o superávit xerado, non se debe arriscar a posibilidade de liquidar cun mal uso a maior parte deses fondos, que poden facer falla nun momento futuro, nin empregarse en simple obra civil.

 Dende Anova cremos que o destino deses fondos debería haberse aprobado para o seu uso en políticas sociais, de apoio os mais desfavorecidos e de creación de emprego, como cursos e obradoiros de emprego en sectores con posibilidades de futuro, pois non debemos esquecer que no noso concello hai case 700 desempregados, moitos deles sen ningún tipo de ingreso económico. Ou, en último caso, dado que ó Partido Popular os parados e os que o están pasando mal non parecen importarlle o máis mínimo, púidose optar, visto que a situación económica do concello parece favorable, por baixar os impostos municipais, e axudar así a paliar en certa medida as maltreitas economías dos nosos veciños e veciñas, cada dia máis afogadas polas políticas impositivas do Partido Popular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario