14 jun 2013

As rebaixas de veran chegan o Concello de Cambados

O Concello rebaixa a 17.000 € a adxudicación da Carpa Gastronimica da festa do Albariño o non atopar ningunha empresa interesada, a pesar de que esta medida perxudica a Hostelería local, xa bastante afectada pola crise e a suba de impostos.


Carpa do Albariño Público Xeral

Dende o Grupo Local de ANOVA – Irmandade Nacionalista de Cambados queremos manifestar públicamente que non estamos de acordo coa rebaixa do importe da adxudicación publicada no B.O.P. polo Concello de Cambados (Pax. 28 deste enlace) do concurso para a adxudicación da explotación da Carpa Gastronómica, no lateral do paseo da calzada durante a LXI FESTA DO ALBARIÑO 2.013.

De todos e sabido a mala situación na que se atopa a hostalería no concello de Cambados, e o continua sangría de peche de negocios, que non son capaces de aguantar a diminución dos ingresos que están a sufrir.  So fai falla dar un pequeno paseo polas rúas do centro de cambados, e observar a cantidade de establecementos de hostalería que se atopan pechados, e como cada dia vai aumentando pouco a pouco esta lista, co aumento de desemprego que implica. A pesares de atoparnos con esta situación dramática o goberno do Partido Popular, segue buscando por todolos medios que se instale esta carpa, inda que non exista ningunha empresa interesada nesta adxudicación, rebaixando o importe da mesma en 3.000 €.


Carpa do Alabariño Amizades do PP
O concello xa se atopou con este mismo problema na adxudicación do ano pasado, tendo que ser explotada por unha empresa da que era socio a Cofradía de Cambados, pero debido a difícil situación financiera na que se atopa a cofradía, chegando a presentar un Ere temporal, dificulta esta posibilidade neste ano, polo que o goberno do PP decidiu reducir a adxudicación 10.000 € con respecto o importe do 2012, cantidade que non foi suficiente para que ningunha empresa optara a esta adxudicación, polo que tentase novamente rebaixando o precio da mesma en 3.000 €, sendo o importe actual da adxudicación en 17.000 €.  Se seguimos esta tendencia tendremos que pagar os veciños para que se instale a carpa gastronómica na Festa do Albariño. 

Cando se dará conta o noso alcalde que o qué facture esta carpa, deixarano de ingresar os negocios de hostelería do noso concello, nosos veciños, que loitan cada día coa crise que estamos a vivir, ou será que cos problemas deste sector non lle saen canas o noso alcalde??


Sen tan necesarios son os ingresos desta adxudicación que temos que ir rebaixando o importe da mesma para podela adxudicar, dende Anova Cambados, recomendamoslle que elimine outra carpa que se instala tamen durante a Festa do Albariño e a que non todolos veciños podemos entrar, pero que si pagamos todos dos nosos impostos, e con esta rebaixa nos gastos da Festa, non tendra que pedir esmola coas adxudicacións, quitándolle o pan os hosteleiros de Cambados, para buscar ingresos que permitan os derroches que disfrutades coas vosas amizades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario