27 jun 2013

O CONCELLO DE CAMBADOS MINTE NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN NO AUMENTO AS AXUDAS AS ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO BENEFICO ASISTENCIAIS

ORZAMENTO 2012
Dende Anova Cambados queremos mostrar publicamente que O Concello minte na declaración feita aos distintos medios, en relación co incremento no importe da dotación orzamentaria da partida para as axudas as entidades sen fins lucrativos as entidades benéfico asistenciais, que dende o noso grupo xa calificamos como inxustas o seu reparto cando foron publicadas.


Como se pode ver nos distintos recortes de prensa, nas imaxes adxuntas, o Concello de Cambados, vai presentar unha moción no próximo pleno, solicitando un aumento da dotación da partida orzamentaria nas axudas as entidades sen fin lucrativos en materia benéfico-asistenciais (partida 232.489.00 transferencias a entidades benéfico-asistenciais) en 6.000 €, motivada polo incremento de demandas neste tipo de axudas, e que dende o noso grupo xa denunciamos comoinsuficientes no momento de ser publicadas.



Tratase polo tanto dunha nefasta xestión dos orzamentos por parte do goberno do PP en Cambados, que apesares de dispor de maioría absoluta, e poder distribuír as distintas partidas orzamentarias sen ter que negocialas coa oposición, non é capaz, nin demostra previsión ou sensibilidade coa actual situación que estamos a sufrir, e ten que levar novamente a pleno o debate dos orzamentos nesta materia tan sensible dende o noso parecer.


ORZAMENTO 2011

Dende Anova Cambados, estamos de acordo con que se incremente o gasto neste tipo de partidas, pero como xa denunciamos anteriormente e como vamos a demostrar cos datos orzamentarios e públicos do Concello de Cambados, non son certos os incrementos que presume o PP a través dos xornais desta partida, e que tentan disimular a ineficacia e a falta de sensibilidade da que se intenta agochar coa mentira instalada no goberno do PP en Cambados nesta materia.
 
 


ORZAMENTO 2010
Como se pode leer nos distintos xornais, o Concello de Cambados, presume de haber incrementado en 4.500 €, este tipo de Axudas no pasado exercicio 2012 con respecto o exercicio 2011, ”El gobierno municipal defiende su política en materia social alegando que las entidades asistenciales ya habían recibido en 2012 unos 4.500 euros más que el año anterior, siendo las más beneficiadas Esperanza Salnés(6.500 euros) y el asilo de ancianos (5.500)”. Sendo esta afirmación totalmente falsa, xa que a partida orzamentaria nas axudas as entidades sen fin lucrativos en materia benéfico-asistenciais (partida 232.489.00) no exercicio 2011, era de 30.000 €, dos que so se gastaron 23.500 €, según se desprende da liquidación de gastos en detalle do exercicio 2011, sendo moito menor os 27.640 € que se liquidaron como gasto no exercicio 2010, ademais de ser totalmente falso que se incrementara en 4.500 €, como afirmou o Concello nos distintos xornais no Exercicio 2012, xa que según a liquidación de gasto, o destinado a este tipo de axudas nese ano foi de 26.000 €, e se fora incrementada en 4.500 € con respecto o Exercicio 2011, o gasto seria de 27.500 €, non de 26.000 € como ven na conta de gastos do 2012, polo que, ou o concello minte nesta afirmación, ou a conta de gasto do exercicio 2012 non é real, ou esta manipulada, ademais de non chegar a cubrir a partida orzamentaria en ningún dos tres últimos exercicios, que era de 30.000 €, polo que de nada vale incrementar o orzamento en 6.000 € mais neste exercicio se non se destinan a totalidade destes fondos a este tipo de axudas.


Nova no Faro de Vigo
Nova na Voz de Galicia
 

Nova no Diario de Arousa


No hay comentarios:

Publicar un comentario