8 oct 2013

Chelo Martínez e Antón Sánchez denuncian a pasividade de Industria perante as graves irregularidades no plan de inversións de Unión-Fenosa


Antón Sánchez e Consuelo Martínez aseguran de que se non se actúa contra á empresa estarase a incorrer nun delito de prevaricación omisiva.
Consuelo Martínez e Antón Sánchez fixeron público en rolda de prensa as irregularidades detectadas polos propios técnicos e que foron remitidas á consellería. Entre elas, o informe desfavorable ao plan anual e plurianual de investimento para o período 2012-2015 por parte de Unión –Fenosa.
Alternativa Galega de Esquerda denunciou en rolda de prensa o posible delito de prevaricación omisiva no que pode incorrer o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Bernardo Taoces, ao non actuar contra as graves irregularidades cometidas pola empresa Unión-Fenosa Distribución S.A. e que foron xa denunciadas polos técnicos do servizo da Xefatura territorial da Coruña hai máis dun ano.
Consuelo Martínez e Antón Sánchez fixeron público en rolda de prensa as irregularidades detectadas polos propios técnicos e que foron remitidas á consellería entre as que se atopa o informe desfavorable ao plan anual e plurianual
de investimento para o período 2012-2015 por parte de Unión –Fenosa xa que en nun caso carecía de documentación necesaria, e noutro incluía actuacións que non corresponden a extensión natural de rede e as obras en polígonos promovidos por Xestur aseguran non son coherentes co proxectado nin se xustifican os investimentos previstos. O plan de media e baixa tensión conta tamén cun informe desfavorable por parte destes técnicos nos que se fai referencia explícita a subestación de Bertoa no que se inflan os custes das obras, se engana cos transformadores empregados poñendo uns xa usados pero que se cobran como novos e por último se obriga a Xestur a se facer cargo do coste destas obras cando é obriga de Unión-Fenosa.

Os técnicos do servizo da Xefatura territorial da Coruña emitiron un informe o pasado 14 de novembro de 2012 no qe se denunciaban as diversas irregularidades detectadas nestas obras da subestación de Bertoa así como respecto do proxecto de liña de alta tensión Bertoa-Carballo. Neste informe o noutro anterior do mes de abril proponse a revisión de oficio dos mencionados proxectos, poñer en coñecemento da comisión de seguimento dos plans industriais derivada do concurso eólico do 2010 estes feitos, abrir expediente sancionador a Unión-Fenosa e por último, poñer os feitos en coñecemento da Comisión Nacional da Enerxía e do Ministerio Fiscal por se os feitos foran constitutivos de delito. Nove días despois de se emitir este informe por parte dos técnicos, o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Bernardo Taoces, aproba o mencionado plan pese contar a non contar con nin un só informe favorable, asina un escrito de resposta ao mencionado informe no que cuestiona e rebate algúns dos apartados do mesmo e silencia o tema da apertura dun expediente sancionador a empresa. A Xefatura de Sevizo de Industria e Minas da Coruña emite un informe proposta no que precisa que o informe do mes de abril era desfavorable sobte a totalidade do Plan e non unicamente sobre algúns dos proxectos como se contén na Resolución da Dirección Xeral.

Desde AGE sinalan que non se está a falar actuacións puntuais senón que se trata do plan de inversións 2012-2015 de preto de 700 millóns de euros que foi anunciado de xeito entusiasta polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no que agora os propios técnicos da Xunta denuncian graves irregularidades e piden que se actúe contra a empresa xa que están a cometer unha grande estafa cobrando por obras que deberían ser costeadas por eles mesmos tal e como establece a lei.

Ante a inxustificada e sorprendente inacción por parte do director xeral de Industria, Enerxía e Minas contra a empresa Unión-Fenosa Distribución S.A. desoíndo todos os informes e as recomendacións dos técnicos que advirten das graves irregularidades que se están a cometer, Alternativa Galega de Esquerda presentou distintas iniciativas no Parlamento de Galicia nas que se insta á Xunta a que se incoe expediente de revisión de oficio, se proceda a apertura do expediente sancionador e se informe a Fiscalía tal e como sinalan os técnicos do servizo da Xefatura territorial da Coruña. De non ser así, os deputados de AGE, Antón Sánchez e Consuelo Martínez, anunciaron xa que tomarán as medidas oportunas ante a Xustiza para esixir responsabilidades non só a empresa senón aos responsables da Consellería de Industria pola súa falla de acción ante esta nova estafa que está a levar a cabo Unión-Fenosa Distribución coa complicidade do director xeral de Industria, Enerxía e Minas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario