5 nov 2013

Impresións do Pleno do Concello de Cambados de Outubro de 2013

O pasado Xoves tivo lugar no concello de Cambados o Pleno Municipal, por chamarlle de algunha maneira, onte se trataran varios temas, entre eles a suba das Tasas e varias mocións da oposición con representación no pleno,  e na que como xa nos ten acostumados o Goberno do PP de Cambados, volveuse a practicar o escapismo por parte do Alcalde, Luís Aragunde, para non tratar os temas que se levaban ao pleno, se non falar de outras localidades e outros impostos, por exemplo dos que se traian a debate.

O pleno comezou tratando a suba das Tasas municipais aplicando un incremento do 1,5 %, unha subida dos impostos indirectos que sufriremos por igual tódolos veciños e veciñas de Cambados, con independencia da capacidade económica do contribuínte, e o que supón un gran incremento para aquelas familias que están a sufrir o mais dura da crise, con tódolos seus membros no para, e que entroques foi calificado, coma unha “Adaptación” por parte do noso alcalde, restándolle valor ao incremento que se ia aprobar, tendo en conta que o soldo do noso alcalde rolda os 3.300 € mes en 14 pagas, incremento nos impostos que para el apenas ten importancia en comparación cunha familia que apenas cobra 400 € do subsidio de desemprego, alegando que a xente que o precisa en cambados atopase atendida polo servizo de asuntos sociais do concello de Cambados, pero polo contrario atopamos novas como estas nos xornais, onde se manifesta como son as ONGs as que teñen que cubrir as necesidades básicas dos veciños que así o precisan.  

Pero o mais triste de todo e que para defender esta subida de impostos, volveuse a utilizar con reiteración a comparación con outros concellos, comparando Cambados con Caldas e Pontevedra, por certo concellos que nin son da nosa comarca, e como trataban un imposto directo como e o I.B.I. (Urbana), que por certo non se estaba nin se quera a tratar neste pleno, tentando desviar o máximo posible a atención no que se estaba a tratar e descalificando a oposición alí representada polo política fiscal que estaban a aplicar nos concellos que gobernaban, pero sen dar nin unha explicación por que viña motivada esta subida, nin cal foi a xustificación económica para aplicar este incremento nas tasas municipais como establece a Lei Reguladora de Facendas Locais, xa que o custe dunha tasa municipal, ten que ser o custe real de prestar este servizo, e polo tanto se esta tasa se incrementa, tense que xustificar cun informe económico, que acredite o incremento do custe da prestación deste servizo, pero que no debate non se tratou en ningún momento. 

Tamén se apoiou e tentou xustificar esta suba de tasas amparándose na escusa de que no Concello non se ia aplicar a suba da tasa de recollida do lixo, polo incremento no custo de reciclaxe que ia aplicar Sogama, tras a medida implantada polo PP no Estado co novo marco legal para o sector eléctrico, e o que supón un incremento do 33,5 % no canon que se lles cobra os concellos, e non do 38 % como dixo o alcalde, pero o que non se explicou é que o custe deste servizo, que esta subcontratado, é de 751.000 €, pero, pola contra, os ingresos dos tributos por este servizo e de 939.000 €, según as contas do exercicio 2012, e a Lei reguladora de facendas locais establece que as taxas, para o calculo do seu importe tense que ter en conta o custe do servizo, e polo tanto se o custe do servizo e menor a recadación desa taxa, tense que reaxustar o custe real da mesma. Incremento que foi aprobado pola maioría de votos do PP e na que votaron en contra os partidos da oposición con representación.

No seguinte vídeo pódese ver a intervención do alcalde neste punto.



Logo deste punto tratouse a moción para tratar o tema dos Incendios forestais, e que se mellorara a xestión de prevención dos mesmos, moción que foi tratada por parte do Goberno do PP como unha moción fora de prazo, xa que nesta época do ano, debido as chuvias, non hai incendios, e que estaba a trasladar unha moción tipo das que presentan no resto dos Concellos de Galicia, e que en Cambados non facía falta por que os incendios que tivo Cambados no verán contaron con grandes medios para a extinción e non foron moi grandes, e volveu a utilizar a escusa que mais lle gusta a Luís Aragunde, votarlle a culpa o bipartito e a súa mala xestión, pero non se tratou para nada que se vai facer dende o concello de Cambados para evitar que se volvan a producir estes lumes no verán, nin as medidas preventivas que se van a facer durante o inverno para evitar que se volvan a producir incendios no noso monte. Votando o PP en contra da moción e tumbando a proposta dos partidos da oposición.

Punto seguido tratouse o tema dos Pensionistas emigrantes retornados afectados póla regularización de facenda nas súas declaracións do IRPF, e que se atopaban alí concentrados a espera de que os deixaran intervir no pleno, no que o PP tentou colar no pleno unha moción idéntica a que foi aprobada pola mancomunidade do Salnés e na que se eliminaba a solicitude de que se anulasen os expedientes sancionadores dende o 2008, pero a que finalmente accedeu a incluír pola presión dos afectados que estaban no pleno concentrados. Por ultimo tratouse tamén unha moción na que se solicitaba o repago dos medicamentos a través da reforma que se esta a tramitar o goberno estatal do PP, e na que se verían obrigados a abonar unha cuota que podería chegar a 4 €, de cada un dos tratamentos dos pacientes hospitalizados e que o PP se negou, alegando que os datos Económicos de esta medida están ahí para velos, deixando claro as prioridades do PP, e que levantou a indignación dos afectados polas pensións dos emigrantes retornados que estaban no pleno, mais se cadra que o tema que os traia o pleno.

Unha vez rematadas as mocións que había a debate, chegou o turno das preguntas feitas polos partidos da oposición, na que entre outras cousas, o alcalde de Cambados, Luís Aragunde, culpou dos malos olores o bipartito, recoñeceu que a obra de Castrelo non contaba coa licenza oportuna, xa que inda se atopaba en tramites, que o viaxe a Baena foi costeado integramente polo concello a tres persoas, e que se publicitou na web municipal pero cando se colgou de forma inesperada desapareceu da paxina, que o concello de Cambados non ten a dia de hoxe ningunha débeda coa Deputación de Pontevedra, ou que o proxecto da reforma do Pazo de Trorrado foi feito por unha empresa subcontratada por que no concello non hai Inxenieros, podedes ver as respostas que deu no seguinte vídeo.



Unha vez rematado o pleno o Alcalde de Cambados permitiu que puidera falar o representante dos Afectados pola regularización de Facenda as pensións dos emigrantes que aguantaran estoicamente todo o pleno, a pesares de haber xente de avanzada idade, e na que lle reprochou o alcalde que de nada vale que apoien este tipo de mocións nos plenos cando despois o mesmo Partido Popular oponse a súas reivindicacións no Congreso dos Deputados.





A continuación podedes ver integramente o Pleno Municipal do Concello de Cambados do pasado 31/10/2013.


No hay comentarios:

Publicar un comentario