13 abr 2013

Anova Alternativa Ribadumia denuncia o mal estado das instalacións do ximnasio municipal.



Enrique Oubiña esíxelle a Salomé Peña que en lugar de empregar as instalacións municipais como oficinas de recadación, empregue os ingresos polo seu uso no seu mantemento e mellora.


Esta maña (12/04/2013) o concelleiro Enrique Oubiña presentou un escrito no concello denunciando a situación do ximnasio municipal, onde dende fai meses se están dando  por un lado casos de humidades que están afectando as paredes internas das instalacións e cuxa repararación urxe para evitar danos maiores, pero  sobre todo de maquinas que se avarían e
pasan semanas cun carteliño de “non funciona” , sen que ninguén faga nada. Hai que recordar que o ximnasio municipal é unha instalación por cuxo uso os veciños pagan unha cota, e non é admisible que eses usuarios non se  encontren as instalacións en perfecto estado cando van facer uso delas. 

  Para Enrique Oubiña e evidente que Salomé pensou que isto era chegar, coller as instalacións montadas por outros, e poñerse a cobrar, sen darse conta de que as maquinas, especialmente as cardiovasculares eléctricas (elípticas, cintas, steps..) teñen unhas labouras de mantemento que deben ser realizadas por profesionais cualificados e que non se poden deixar de lado”.

   Para Anova Alternativa Ribadumia é evidente que se as instalacións non se coidan e se manteñen adecuadamente os veciños deixaran de acudir, algo que esta ocorrendo xa, vendo a mingua nos ingresos deste ano pasado con respecto o anterior, cunha redución de case o  25%, pasando dos  casi 6000€ do 2011 os 4000€ do 2012.

Para Enrique Oubiña e impensable que o concello actúe con tal deixadez, polo que insta a Salomé Peña unha vez máis a cumprir coas súas obrigas como alcaldesa e a  que se ocupe de que as instalacións municipais estean en perfectas condicións, comezando pola urxente reparación da maquinaria avariada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario